Equipo

Creamos valor social

Dixardín é un centro especial de emprego de iniciativa social integrado en Galega de Economía Social, Grupo de empresas de COGAMI Empresarial, que serve como plataforma para dar visibilidade ás capacidades das persoas con discapacidade, fomentando a inclusión laboral deste grupo social no sector da xardinería.

Para logralo, creamos emprego no marco dos principios de autonomía persoal, normalización, igualdade de oportunidades, non discriminación e plena inclusión.

Dixardin é unha iniciativa beneficiaria do Programa BONO CONSOLIDA ECONOMÍA SOCIAL



En Dixardín estamos comprometidos coa creación de emprego de calidade para persoas con discapacidade, que forman máis do 70% do noso equipo.


O noso equipo é a peza principal da engrenaxe. Coa súa experiencia participa no proceso de toma de decisións: no deseño, selección de plantas e, por suposto, encárganse da plantación e mantemento.

Cando xorden retos que requiren de novas colaboracións, créanse grupos de traballo especializados segundo as características do proxecto.