Servizos

En Dixardín traballamos para empresas, organizacións, administracións públicas ou particulares.

Se sentes que necesitas o verde na túa vida, no teu espazo, apostar pola sostibilidade ambiental no teu municipio e ter máis contacto coa natureza, desde Dixardín podemos asesorarte e deseñar o espazo verde máis adecuado para ese lugar e coidalo.

ISO 14001

ISO 9001

Política de calidade e medioambiental

Fases do proxecto

Servizos

Deseño

Axudámosche a mellorar os teus espazos exteriores ou interiores en función das túas necesidades.

Organizamos o traballo en tres fases.

Anteproxecto

Esta é a etapa de soñar e buscar inspiración para adaptarnos á idea que tes entre mans vendo que convén facer e de que modo levalo a cabo.

Proxecto executivo

Agora poñemos os pés na terra e trasladamos todas as ideas escollidas sobre o papel. Tómanse medicións que se plasman nos planos; unha etapa máis real e analítica que finaliza cun proxecto.

Dirección de obra
Neste momento organízanse todas as fases da plantación. Selecciónase a vexetación e coordinámonos con diferentes profesionais para que todo siga o proceso establecido na etapa anterior. Supervisamos, acompañamos e aportamos solucións para unha xestión medioambiental de calidade.
Mantemento
Comprometidos coa contorna: coidamos das túas zonas verdes
O mantemento e a conservación son esenciais, e se xa dispós dunha zona verde, facémosche un estudo personalizado. A periodicidade do mantemento depende das condicións de cada espazo e poden variar desde unha visita unha vez por semana, para aqueles espazos que requiran máis dedicación, ata unha vez ao mes. Para lugares máis pequenos, con tres veces ao ano como medida de control e prevención de pragas, pode ser suficiente, visita que se aproveita tamén para a poda.
Colaboración con interioristas
Apoiamos a aqueles negocios, empresas ou particulares que vos gusta poñer espazos verdes nos vosos proxectos
Cremos na colaboración de diferentes profesionais para sumar e ter achegas desde distintas disciplinas. En Dixardín asesoramos a interioristas para apoiarlles na elección das plantas máis adecuadas para os seus proxectos de interior e encargarnos do deseño de xardíns ou terrazas.
Asesoramento
Se queres aprender máis sobre espazos verdes
Ademais de asesorarche no deseño e a escoller as plantas que mellor se adaptan a cada espazo, ensinámosche tamén a coidar delas.
Hortos
Cantos máis xardíns urbanos, mellor
Apoiamos a idea de colmar as cidades de verde mediante xardíns. Deseñamos e enchemos de vida azoteas, prazas, rúas... con hortos de instalación sinxela que se acompañan dunha guía completa de coidados ou se lles realiza o mantemento se se desexa.
Educación ambiental
En Dixardín apostamos pola educación como motor para a protección do medio ambiente. Desde este espazo queremos dar un paso máis e que a educación ambiental estea presente no día a día de todas as persoas, promovendo unha transformación social e individual.