Cansa/o de espantar moscas no verán?, farta/o de escorrentar mosquitos cada noite? Aquí tes dúas ideas para plantar, decorar a túa casa e á vez librarte deses molestos insectos.
Coñecida como albáfega ou alhábega, ocimum basilicum é unha herba aromática anual da familia das lamiáceas nativa de Irán, India e outras rexións tropicais de Asia.
A albáfega fai fuxir ás moscas. Se sofres o seu inesgotable acoso durante todo o ano e especialmente no verán, aquí tes a solución. Tan só necesitas plantar albáfega nunha maceta e colocala preto das xanelas. Gañarás en saúde e en apetito, porque con esta planta ademais de espantar as moscas, a túa casa gaña en beleza e os pratos da túa cociña saben moito máis ricos. Todo son vantaxes!
Citronela é un xénero de 30 especies de plantas que pertence á familia Cardiopteridaceae. Pode ter forma de árbore e de arbusto.
Nada de insecticidas. Aquí tes unha solución sinxela, barata e ecolóxica cando sofres ese molesto zumbido dos mosquitos no verán: Critronella!. Se a coidas dúrache toda a vida.
Outra das súas vantaxes é a súa característica fragrancia. Así ademais de escorrentar os mosquitos che perfuma a casa. De feito, a citronela utilízase en moitos perfumes comerciais, colonias, ambientadores, etc.