Reproduce as túas plantas naturais
Unha forma de expandir as túas plantas e multiplicalas é cortar un pequeno anaco (do talo) e replantalo nunha maceta nova. Esta técnica é bastante sinxela, pero débese facer nunhas condicións concretas para que sexa efectiva. O recomendable é facelo durante as épocas de temperaturas suaves e humidade moderada, é dicir, primavera e outono.
Para ‘clonar’ as nosas plantas só necesitas: tesoiras e un bote. Corta un anaco de talo máis ou menos xeneroso con varios nodos (a zona avultada desde onde nacen as follas) e colócao nun bote pequeno. É recomendable que tan só deixes as follas do extremo superior da planta para que toda a forza se concentra na parte inferior e bote raíz rapidamente. Bota un pouco de auga e coloca o talo. Cambia diariamente a auga durante a primeira semana e listo!
Tamén podes optar por engadir un pouco de terra e substrato de cultivo.
Crea as condicións favorables para que crezan
Unha das cousas máis importantes para transplantar plantas é non facelo nunha maceta moito máis grande que a propia planta, senón das mesmas dimensións aproximadamente. Ao retirar a planta da súa antiga maceta, colle un pouco desa mesma terra. Noutra maceta mestura esa terra cun pouco de grava e coloca a planta. Se queres, podes poñer un pouco de substrato de cultivo para mellorar a drenaxe.
Divide e multiplica
Outra das formas de ‘clonar’ as túas plantas é dividilas. Como se fai? Moi sinxelo. Literalmente consiste en partir a raíz pola metade e colocar cada parte nunha maceta individual. Engade algo máis de terra, pero sen que quede demasiado compacta para non taponala.